Notas de prensa

A Xunta e o Igape abren as portas do futuro a Montoto
Máis de tres horas de xuntanza foron precisas para lograr un acordo coas entidades financeiras que decidiron apoiar o plan de viabilidade da firma textil Montoto, logo das negociacións propiciadas pola Xunta e o Igape.

O esforzo negociador da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica permitiu, despois dunha reunión de máis de tres horas, alcanzar un acordo coas entidades financieiras para o apoio ao plan de viabilidade da firma textil Montoto. Así o indicou hoxe o conselleiro de Economia e Industria, Javier Guerra Fernández, quen engadiu que as entidades financieiras acudirán de inmediato ao xulgado para formalizar a súa sinatura e acadar así o levatamento do concurso de acreedores, que permitirá “salvar un número moi importante de postos de traballo nun sector que o Goberno da Xunta de Galicia considera estratéxico”, segundo apuntou o conselleiro. Javier Guerra quere destacar que a firma textil Montoto é unha empresa acreditada para o futuro, tal e como demostran os últimos apoios do seu departamento, e mais concretamente do Igape e de Xesgalicia. O Consello da Xunta de Galicia autorizou recentemente a concesión de avais por importe máximo de 5,8 millóns de euros, no marco dunha operación que contribuirá a impulsar a continuidade da firma no futuro, ao facilitar o refinanciamento a 11 anos, con catro de carencia, da totalidade da débeda que a empresa tiña garantida polo Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria. Con esta medida de apoio financeiro, unida á recente concesión dun préstamo participativo por Xesgalicia de 1,35 millóns de euros, aprobado o pasado 4 de novembro e tamén destinado a apoiar o plan de viabilidade que Montoto ten en marcha, deuse un paso fundamental para que agora poida procederse ao levantamento do vixente concurso de acredores e clarexar así o futuro desta importante firma téxtil. Co refinanciamento da débeda avalada polo Igape e o apoio aprobado por Xesgalicia déronse pasos significados, que hoxe fructificaron, no desenvolvemento do plan de viabilidade de Géneros de Punto Montoto que, xunto co refinanciamento de débedas, contempla accións como a adecuación do cadro de persoal, que poderá medrar de novo a medio prazo, a medida que aumente a actividade da empresa. O plan de viabilidade tamén contempla a reducción dos gastos operativos da empresa, xunto con accións comerciais encamiñadas a incorporar novas liñas de produto e mellorar as existentes.

Notas de prensa de moda